Pulpo, exquisito viño do Ribeiro e a mellor música folk: a maridaxe perfecta para a festa gastronómica máis internacional

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

-O programa da Festa da Pulpo, que chega a súa 62 edición, inclúe unha Mostra de Viños, os días 3 e 4 de agosto, e concertos entre os que destaca o de Óscar Ibáñez & Tribo

O Carballiño, 24 de xullo de 2024

A Festa do Pulpo do Carballiño ofrecerá nesta 62 edición a maridaxe perfecta. Nesta ocasión a celebración dedícase á Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga das galegas, e coa intención de ensalzar outro dos produtos que levan o nome desta terra por todo o mundo. Cómpre lembrar que a festa que rende tributo ao cefalópodo e que se celebra o segundo domingo de cada mes de agosto, foi declarada de Interese Turístico Internacional no 2022 e dende entón non para de medrar.

A programación combinará a degustación do exquisito pulpo do Carballiño, do mellor do viño do Ribeiro e a mellor música folk, destacando a actuación de Óscar Ibáñez & Tribo, unha das bandas de folk máis destacadas de Galicia e que presentará o espectáculo Tribal 20 para celebrar dúas décadas de traxectoria. Será o 11 de agosto, ás 23.00 horas na Praza Maior.

Ademais, ao longo destes 15 días de programación, os asistentes á celebración poderán disfrutar de actuacións como as de Os Biruxes, Isidro Vidal, Terras do Arenteiro,  Coribantes, Canta nas Croas, Cantareiras Madialeva, Auskelga ou Amigos do Acordeón Terras de Celanova, entre outros, algunhas delas dentro do Festival Folclórico de Música e Danza Tradicional, o mesmo día da Festa do Pulpo no Parque Municipal. En total, serán una quincena de grupos de música folk e tradicional os incorporados ao programa oficial, sen contar os de outros estilos musicais.

Outro dos puntos fortes do programa será a Mostra de Viños que terá como escenario a Praza Maior do Carballiño os días 3 e 4 de agosto en horario de 12.00 a 21.30 horas. Contarase coa participarán 6 bodegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes.

Hoxe tivo lugar unha primeira reunión entre algunhas das bodegas que participarán na degustación de caldo do Ribeiro e os responsables municipais, na que se estableceron a loxística e os horarios de apertura das “jaimas” que se instalarán para a ocasión na Praza Maior da vila.

A Festa do Pulpo arrancará xa o día 30 de xullo con actividades para os máis pequenos, todos os días desa semana en horario de 19.00 a 21.00 horas na praza da Veracruz. O día 2 de agosto programouse unha ruta nocturna aos petroglifos de Cangues, organizada polo centro de estudos Chamoso Lamas.

O día 5 de agosto, tamén na Praza Maior do Carballiño actuará Clon Mela e será o día 6 de agosto cando chegue un dos momentos máis esperados: os pulpeiros e pulpeiras intentarán bater un ano máis o recórd da tapa máis grande do mundo. Será a partir das 19.00 horas. Pola noite actuará  grupo Soul&Roll.

O mércores 7 de agosto será a Orquesta América na que actúe neste mesmo escenario dende as 23.00 horas e o xoves 8 de agosto será o momento do Combo Dominicano na Veracruz. O fútbol tamén ten un espazo destacado na programación da Festa do Pulpo e o venres 9 de agosto o Artenteiro xogará co Pontevedra en Espiñedo a partir das 19.30 horas. Pola noite actuará a Disco Móbil Gramola.

O sábado 10 de agosto terá lugar a Festa das Camisetas, dende as 17.00 horas na Praza Maior. E para do día grande, o 11 de agosto, este serán os actos:

-A partir das 11.00 horas no Parque Municipal e nas rúas da vila actuarán charangas e grupos de música tradicional dende as 11.00 horas.

-De 12.00 a 18.00 horas no Parque Municipal: Festival folclórico de música e danza cos grupos Coribantes, Canta nas Croas, Cantareiras Madialeva e Auskelga.

-Ás 20.30 horas na Praza Maior: Concerto Amigos do Acordeón Terras de Celanova.

-Ás 23.00 horas na Praza Maior. Concerto de de Óscar Ibáñez & Tribo