Un total de 900 persoas desfrutaron do chuletón de Garabás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A parroquia de Garabás, no concello de Maside, celebrou onte a súa tradicional Festa do Chuletón, que xa leva 24 anos ao lombo desde que un grupo de veciños a puxeron en marcha. Non era raro, xa que nesta zona era tradicional o sector da compra venda de gando, de aí a súa orixe.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un total de 900 persoas, de toda a comarca e doutros lugares da provincia achegáronse para desfrutar dun menú a base de chuletón de 650 gramos, patacas, pementos, pan e viño. Todo un récord de participación e de organización para ás trinta persoas que preparan todo para que esta festa sexa un éxito.

A organización tiña unha gran carpa no campo da festa onde se colocaron as mesas e se servía o menú, aproveitando que o día acompañaba con bastante calor.