Loureiro despide ao seu cura, D Antonio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O enterro de D Antonio González Bernárdez ” O Cura de Loureiro” foi un evento profundamente emotivo e significativo para a comunidade. O sacerdote, coñecido pola súa dedicación e servizo aos fregueses, fora unha figura central na vida espiritual e social do pobo durante moitos anos. O seu falecemento deixou un gran baleiro na parroquia, e o funeral converteuse nunha oportunidade para que os veciños rendesen homenaxe ao seu legado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A alcaldesa do Irixo, concelleiros, veciños e amigos acompañaron a D Antonio no último viaxe e aos seus funerais presididos polo Bispo da Diocesis de Ourense

NOTA DA COOPERATIVA DE LOUREIRO:

Hoxe despedimos a pedra angular desta Parroquia, a unha persoa que alá polo ano 1968 foi capaz de unir o esforzo dos seus veciños e fregueses para dar comezo a unha andaina que chega fortunadamente ata os nosos días.

Para esta Parroquia sobra dicir, a pena que tod@s sentimos hoxe pola súa perda, xa que sempre estivemos ao seu carón e lle profesamos unha gran admiración e respecto.A aqueles que vimos as súas obras, loitas e esforzos, ensinounos o que era ser unha Parroquia unida nos bos momentos e ante as adversidades, por iso un dos seus legados que nos deixa é a palabra UNIÓN, esa unión que da forza, e esperanza.

Foi un home adiantado ao seu tempo, intelixente, loitador e sobre todo un home cunha gran humanidade, defensor do rural e dos dereitos daquelas persoas máis desfavorecidas, tratando de proporcionar unha vida mellor á xente desta Parroquia.Por todo isto, quedará sempre no noso recordo, e queremos darlle as grazas de corazón por todas as súas obras que perdurarán entre nós para sempre.D. Antonio, “O CURA DE LOUREIRO” (como lle gustaba a el que lle chamaran) fixo que o nome desta Parroquia se coñecera mais aló da nosa contorna, grazas ao seu empeño de fundar a Cooperativa que leva o nome da nosa Parroquia (A COOPERATIVA SANTA MARIÑA DE LOUREIRO), conseguindo así unirnos a todos,valorar o traballo do campo, loitar polo rural e evitar que a xente tivera que emigrar.Sempre estivo preocupado pola continuidade da Cooperativa. Hoxe, D. Antonio,querémoslle dicir que estamos poñendo todo o noso empeño para seguir co proxecto que vostede iniciou.Sabemos que esta última viaxe non a vai facer só, no camiño, atopará familiares, amigos, veciños e curas que o acompañarán no camiño que leva ao descanso eterno ao lado de Deus Pai que o recompensará polos súas boas obras.Descanse en Paz D. ANTONIO “CURA DE LOUREIRO