Nota da Garda Civil
SST OURENSE. SINISTRO VIARIO: Ás 20:22 horas, na autovía AG-53 KM 63.5, sentido Santiago, (T.M. Piñor de Cea), prodúcese saída de vía dunha motocicleta e posterior colisión lateral contra un camión.
O motorista resulta ferido grave, trasladado en helicóptero ao CHUO. O ferido é veciño de Cáceres de 69 anos de idade. A vía sufriu corte de tráfico no punto do sinistro, desviando a circulación sentido Santiago no pk 65 cara á N-525. Ás 21:30 horas ábrese o carril dereito ao tráfico no punto do sinistro, permanecendo pechado o esquerdo ata finalización dos traballos policiais.
Ao sinistro acudiron unha patrulla de motoristas e o equipo de investigación de sinistros de Ourense, unha ambulancia do 061 e o helicóptero H4, así como o equipo de mantemento da autovía. As probas de alcol e drogas negativas do condutor do camión. Ao motorista non se puideron realizar polo momento. O motorista facía uso de casco e roupa de protección homologada.