O domingo 4 de agosto, ás 22.30 h, temos película ó aire libre no entorno das piscinas dentro do “Ciclo de Cine” da Deputación de Ourense.
A película é a de “+Cuñados “ cuxa primeira parte tamén vimos fai uns anos en Boborás.
É un comedia, rodada na nosa provincia e coa participación de actores como Touriñán, Fede Pérez, Miguel de Lira…risas garantizadas.
A efectos de organización polo tema das sillas, é preciso anotarse no concello no teléfono 988402008 (non da preferencia á hora de sentarse)
É recomendable traer algunha mantiña por se refresca a noite.
Unha actividade totalmente gratuita e aberta a todo o mundo.