Presentación do libro Varandas e correderos da Ermida (Beariz)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comezos do século XX no lugar da Ermida, pertencente ó concello de Beariz, púxose de moda protexer os corredores das casas con varandas de ferro forxado, sistema protector que substituíu en case tódalas edificacións a protección de madeira ou os balaústres de pedra.
Dependendo da posibilidades e do gusto de cada propietario e da habilidade de cada ferreiro, esas proteccións convertéronse en elementos ornamentais dun gran valor estético que cómpre coñecer e conservar.
No libro que se presenta, Un paseo polos corredores e varandas da Ermida (Beariz), da autoría de Carme Hermida, editado polo Concello de Beariz, recóllese e descríbese un total de 11 modelos compositivos diferentes que se asentan en 31 casas, un número elevado de variacións para producirse só nunha aldea.
As cartelas destas varandas -punto central da estrutura en que se recollen as iniciais do propietario da casa e a data de instalación- informan que o período en que foron colocadas van do 1917, ano da primeira datada, ata o 1974, a máis recente.
As varandas de ferro forxado -datadas ou non- son un elemento moi presente nas casas da comarca do Carballiño e do Ribeiro, pero en poucos lugares teñen unha presenza e unha calidade compositiva tan grande como a que se atopa no lugar da Ermida.
Na presentación do sábado 3, 18:00 horas na Casa do Pobo, falarán a autora do libro, Carme Hermida Gulías, o presidente da Asociación de Veciños da Ermida, Francisco Vázquez Troitiño, e o alcalde do Concello de Beariz, Manuel Prado López.
Posteriormente, os asistentes poderán realizar un roteiro guiado seguindo o descrito no libro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO