Sae absolto o carballiñés que inxuriou de forma grave a través das redes sociais á alcaldesa de Boborás Patricia Torres

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Xulgado emitiu unha sentenza absolutoria no caso dun individuo acusado de inxuriar gravemente á alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, a través das redes sociais. Os feitos remóntanse aos anos 2020 e 2021, cando o acusado utilizou a súa conta de Facebook para lanzar numerosas acusacións falsas sobre a vida persoal de Torres, incluíndo a grave imputación de que vendía drogas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A pesar da ausencia do acusado no xuízo, a xuíza examinou con detemento as probas presentadas, que incluían capturas de pantalla das publicacións difamatorias. Na súa sentenza, a xuíza non deixou lugar a dúbidas sobre a gravidade das inxurias proferidas. Sinalou que as acusacións non só eran infundadas, senón que tamén afectaban gravemente á dignidade da alcaldesa. “Non se concibe en que medida eses comentarios poden enmarcarse nun espírito de crítica política, sendo ademais claramente atentatorias da dignidade dunha persoa”, afirmou na súa resolución.

Así mesmo, a xuíza salientou que o feito de que alguén ocupe un cargo público non o converte nun branco lexítimo para comentarios vejatorios e constantes ataques persoais. “El que uno ejerza un cargo público no implica que tenga que soportar de manera constante y reiterada comentarios vejatorios”, subrayó, reafirmando el derecho de los servidores públicos a ser tratados con respeto y dignidad.

A pesar desta clara condena das accións do acusado, a sentenza resultou nunha absolución

Fallo da Sentencia:

Que DEBO ABSOLVER Y ABSUELVO al acusado, de los delitos que se le imputaban en la presente causa, por apreciación de
la eximente completa de anomalía o alteración psíquica del art. 20.1 C.P. Se declaran
las costas de oficio.

Se impone al acusado una medida de seguridad de libertad vigilada consistente en la
obligación de seguir tratamiento médico externo adecuado a su patología mental,
durante un período de tiempo máximo de 2 años, a cuyo fin deberá informase a este
juzgado trimestralmente sobre la evolución del acusado.
En concepto de responsabilidad civil, el acusado deberá abonar a Dª Ana Patricia
Torres Madureira la cantidad de 2.000 euros en concepto de daños morales. Dicha
cantidad deberá incrementare con los intereses del artículo 576 LEC.