Comunicado do CD Arenteiro a través das redes sociais
Dende o CD Arenteiro queremos trasladar as nosas condolencias polo falecemento de Dna. María Asunción Pérez ‘Asuncita’, coñecida en toda España como ‘A muller da terraza’.Unha aperta grande a familiares a achegados.Descanse en paz
Aínda que foi o futbol o que lle deu notoriedade Mª Asunción Pérez Álvarez coñecida por “Suncita” foi unha muller activa e comprometida ca súa parroquia de Sagra onde foi capaz de ter un grupo de teatro aficionado colaborando con causas beneficas como pode ser Aspadisi ou con Ucrania como rescatamos do arquivo de badalnovas.com para poñer a nova que publicamos no seu momento:
De novo esta fin de semana poderemos desfrutar dun evento cultural e ademais solidario. A Asociación de Mulleres de Sagra , como xa anunciamos en pasadas semanas, organiza, en colaboración co concello do Carballiño e de Cáritas Parroquial do Carballiño, un evento solidario. Trátase dun festival de teatro, destinado a recadar fondos como axuda humanitaria para Ucraína.
As actuacións serán ás 20:00 horas, no auditorio Manuel María do Carballiño. A próxima será o 17 de abril a cargo de Coles Teatro, e o 30 de abril, a cargo do grupo de Teatro Esteta.
Con este fin solidario pretenden aportar o seu pequeno gran de area, recadando diñeiro para enviar como axuda humanitaria. Piden a colaboración da veciñanza, xa que o custe destas obras será tan so de tres euros.