Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto Glassdrive foi o vencedor da Subida a Estrada, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña.
Senín non deu opcións a calquera dos seus rivais na rampa pontevedresa (tempo final de 4:27.601), máis dende a retirada de Alexis Vieitez, que rompeu o motor da súa Celtic VM na primeira xornada.
Desta forma, o piloto da nova aventaxou ao segundo clasificado da proba, Jorge Pérez, en 40.9 segundos. Pérez foi ademáis o vencedor da categoría de carrozados, por diante do que sería finalmente o terceiro clasificado, Javier Carballo, a 42,7 da cabeza.
Alfonso «Pisko» Ventín foi o cuarto clasificado da xeral e primeiro da clase 9, reservada a carcross. Completou os cinco primeiros clasificados Manuel Senra, aos mandos do Peugeot 308 TCR. A continuación de Ventín, na clase 9, situáronse Beni Porto e Giovane Iglesias.
Entre os participantes en regularidade, primeiro posto para Sito Cabral e José Manuel Quintas, seguido de Iván e José Antonio López e Breogán Abalde e Cristian Castro.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña terá lugar en Taboadela os días 17 e 18 de agosto.