Unha multitudinaria Festa do Pemento exalta o produto de indicación protexida de Arnoia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta fin de semana, en concreto o pasado venres pola noite, comezaba a 45ª edición da Festa do Pemento de Arnoia, evento declarado Festa de Interese Turístico Galego.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta cita gastronómica busca promocionar este produto, amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida, no mercado e exaltar a súa calidade. A conselleira do Medio Rural, entre outras autoridades, foi a encargada de cortar a cinta deste ano e dar o pistoletazo de saída, nunha noite que contou co pregón do Bruxo Queiman e festa coa Orquestra Panorama.

O campo da Queixeira acolleu a unha gran cantidade de xente, que esperaba paciente para desfrutar do pemento en todas as súas versións. Unha festa que, non hai máis que ver o poder de convocatoria para avaliar a súa repercusión. Toda unha fin de semana chea de actividades, con música, xogos, concentración de coches clásicos, e o seu protagonista en todos os pratos.