Elena Pérez, veciña do Cruceiro, adorna a súa vivenda e exteriores coa paixón polas plantas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os concellos rurais son cada vez un reclamo turístico e un exemplo de revitalización. E isto non sería posible sen todos eses veciños que se afanan por coidar das súas rúas, pero tamén das súas vivendas. Por exemplo, en San Amaro, no Cruceiro, vive Elena Pérez. Herdou a tradición e paixón polas plantas da súa nai, dende que era pequena. Tanto no exterior, embelencendo a rúa, como no interior da súa vivenda coida con esmero os centos de exemplares dos que é a súa coidadora. Cada ano inclúe plantas novas, algunhas coñecidas e outras novidosas, que enchen de ores cada recuncho.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O seu mantemento conleva moito traballo, pero desfruta de cada paso do proceso. Como lle gusta a variedade, non ten unha mesma planta, se non que desfruta descubrindo novas especies e os seus coidados. Cada ano busca ter novos exemplares. E na súa paixón converteu o seu fogar nun completo viveiro, e a súa casa destaca polas cores que saen de todas estas plantas.