A igrexa da Madalena acolle unha exposición do pintor Leandro Sánchez .

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A exposición, composta por unha antoloxía de obras do pintor mallorquín afincado en Ourense, poderá visitarse ata o vindeiro 25 de agosto.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia, 10 de agosto de 2024.- O pintor mallorquín afincado en Ourense, Leandro Sánchez, expón unha antoloxía da súa obra na igrexa da Madalena de Ribadavia. A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 25 de agosto. Esta exposición ven a converterse nun atractivo cultural mais dentro do verán cultural do Concello de Ribadavia, e permitirá achegar á veciñanza de Ribadavia e aos moitos visitantes que se achegan a desfrutar desta preciosa vila a obra dun dos grandes nomes das artes plásticas ourensás contemporáneas.

O acto de inauguración da exposición, contou tamén coa participación da cantante María do Ceo, que puxo o complemento perfecto á magnífica obra pictórica de Leandro Sánchez.