O BNG presenta alegacións ao anteproxecto de Concepción Arenal

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A formación nacionalista pide que os informes sexan favorables antes da súa exposición pública

Ourense, 11 de agosto de 2024. O 9 de xullo publicouse o anteproxecto de peonalización da Praza Concepción Arenal, dende o BNG piden a súa retirada da exposición pública ata ter os informes perceptivos favorables.

O BNG sinala que no mesmo expediente consta que existen informes desfavorables do servizo de augas e do servizo eléctrico, que poñen en evidencia deficiencias que non foron subsanadas neste novo anteproxecto presentado. Dende a formación nacionalista entenden como ensencial que o expediente estea correctamente conformado cos percetivos informes favorables antes da súa exposición pública, tamén resaltan a ausencia de informes da Confederación Hidrográfica, da Policía Local e dos bombeiros, informes que o Bloque Nacionalista Galego considera necesarios por como se deseña o proxecto. No propio expediente consta que un informe desfavorable da Hidrográfica pode acabar con este proxecto.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Luís Seara relata tamén que “é un despropósito que na futura concesión da auga haxa apenas investimento para obra nova de sanemamento e abastecemento tendo en conta todas as necesidades que a día de hoxe existen neses dous ámbitos, e que pola contra un terzo da concesión sexa para unha obra civil da construcción dun aparcadoiro soterrado que non ten absolutamente nada a ver” o portavoz nacionalista insiste en que “isto denota o escaso interese que o concello ten en cuestións de infraestrutura básica, a pesares de ser unha obriga para o Concello”

Dende o BNG agardan que, dadas as incongruencias presentadas neste anteproxecto e a importancia do mesmo de cara á propia licitación do saneamento e abastecemento de augas, as súas alegacións sexan estimadas, instando a que ambos expedientes non sexan codependentes e que o Goberno Local proceda á licitación do servizo de saneamento e abastecemento na que se inclúa o tanque de tormentas e a que inicie a tramitación dun expediente de obra para a peonalización de Concepción Arenal cos informes perceptivos favorables.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------