Taboadela, seguinte parada do campionato Xunta de Galicia de montaña

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Campionato Xunta de Galicia volve esta fin de semana (17 e 18 de agosto) coa celebración da quinta edición da Subida a Taboadela, que contará con 65 equipos na liña de saída.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Récord de inscritos na cita ourensá, que contará con prácticamente todos os favoritos ao triunfo final e as distintas agrupacións, nun certame que conta co patrocinio do World RX de Montalegre.

Parte como gran candidato a victoria, Jacobo Senín, que aos mandos da Nova Proto terá como principais rivais a Alexis Vieitez ou o ourensán Jesús López.

Entre os sempre espectaculares carcross, nova batalla entre Alfonso “Pisko” Ventín, Beni Porto e o ourensán Abrahán Vázquez, nunha categoría con dez participantes. Tamén estará nesta proba o becado da FGA, Mateo García, que ademáis estreará o patrocinio do World RX de Montalegre no seu LaBase.

Entre os carrozados, máxima emoción cos Porsche de Jorge Pérez e Javier Carballo, o Mitjet de Rubén Blanco ou a estrea en Galicia do Volkswagen Golf TCR de Francisco Javier Álvarez, ademáis de moitos outros vehículos de grande nivel.

En regularidade, cinco equipos inscritos, nunha categoría na que a emoción e a igualdade está máis que asegurada.

Con respecto aos horarios, as verificacións optativas comezarán hoxe venres 16 de agosto ás 18:30 horas, mentres que os que non pasen por este trámite deberán facelo os sábado entre as 09:00 e as 12:00 horas do mediodía.

A proba comezará o sábado 17 de agosto ás 15:00 horas coa celebración da primeira manga de adestramentos. A continuación terán lugar as dúas primeiras ascensións oficiais.

Xa na xornada do domingo 18 de agosto, dende as 09:00 horas, turno para a segunda das ascensións de adestramentos, coas dúas mangas oficiais restantes xusto a continuación.

A entrega de premios realizarase ao rematar a proba na Praza do Concello de Taboadela.