A Xunta de Goberno desta semana vén de aprobar 468.387,74 en axudas, así como as modificación do destino de fondos do Plan de Cooperación CooperOU a petición dos concellos de Avión, Cortegada, A Rúa e VilamarínNa mesma sesión, resolveuse o concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociación veciñais de Ourense correspondentes a 2024, dotado con 43.000 euros
Ourense, 19 de agosto de 2024.A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria semanal celebrada esta mañá, vén de mobilizar un total de 468.387,74 euros en axudas para municipios, entidades veciñais, asistenciais e diferentes organismos como o GDR Limia-Arnoia (ao que se lle conceden 35.000 euros para gastos de persoal para o seu proxecto Terra); ou o Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, beneficiario dunha achega de 20.000 euros para a integración de datos nunha ferramenta informática conectada a SIXPAC.
No que atinxe á cooperación cos municipios da provincia, aprobáronse 48.000 euros para a urbanización e rego automático da piscina de Boborás; 36.000 euros a favor do Concello de Lobios para festas e actividades de lecer, deportivas e culturais; 12.000 euros para o Concello de Vilar de Santos para mantemento e funcionamento do Museo da Limia; 40.0000 euros para gastos de funcionamento do Conservatorio de Verín; 43.387,74 euros a favor do Concello da Arnoia para melloras nas infraestruturas do parque municipal Os Chaos; para o Concello do Irixo, a subvención é de 43.500 euros para a adquisición da casa do zapateiro e parcelas anexas; para a pavimentación do acceso ao tanatorio de Leiro a achega é de 30.000 euros; a favor do Concello de Xunqueira de Ambía destínanse 60.000 euros para a reparación de camiños nas parroquias de Xunqueira, Armariz e A Graña. Por último, aprobouse unha modificación do acordo de concesión dunha subvención a favor do Concello de Piñor, para a rehabilitación dunha glorieta na N-525, por importe de 47.500 euros.
Outras entidadesA Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Parkinson e Enfermidades Raras percibirá 10.000 euros para gastos de funcionamento desta entidade.
No que atinxe ás entidades veciñais, resolveuse o concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociación veciñais de Ourense correspondentes a 2024, dotado con 43.000 euros. Así, a Federación de Mulleres Rurais percibirá 7.800,53 euros; a Agrupación Miño obterá 17.528,69 euros e a Federación Limiar recibirá 17.670,78 euros.
Por último, a petición dos concellos de Avión, Cortegada, A Rúa e Vilamarín, aprobouse a modificación do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais (CooperOU) en relación coas actuacións que teñen en cada municipio. O total destas modificacións supón un importe global de 122.557,8 euros.