Accidente grave en Leiro con 7 feridos, tres deles nenos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta tarde, ao redor das 5 da tarde horas, producíase un grave accidente de tráfico na estrada OU-504, ao seu paso polo Concello de Leiro. No incidente, un coche e unha furgoneta chocaron frontalmente, resultando nun total de sete feridos, entre eles tres nenos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ao lugar do accidente tamén acudiron varias patrullas da Garda Civil e varias ambulancias do 061, que trasladaron aos feridos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Os Bombeiros do Carballiño foron mobilizados tras recibir o aviso do 112. Con todo, debido á falta de persoal, solicitouse apoio ao parque de Bombeiros de Xinzo-Allariz para complementar a dotación de dous bombeiros dispoñible no Carballiño. Esta colaboración foi necesaria para liberar a un dos feridos, o condutor da furgoneta, que quedara atrapado.

Fonte: Ourense.com