O cadáver dun home apareceu ao redor das 20:30 horas deste mércores flotando no río Avia ao seu paso polo concello ourensán de Leiro. O corpo do home, dunha idade comprendida entre os 60 e 70 anos segundo informa a Garda Civil, foi achado no río Avia preto da Ponte dá Esperela. O cadáver non presenta signos de violencia.