O alcalde de Leiro responde á polémica polas obras na ponte da Esperela e asegura que estas buscan mellorar a seguridade vial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

En Leiro, as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia na Ponte da Esperela aínda seguen causando polémica. O descontento causado por esta intervención chegou aos oídos do alcalde da localidade, Francisco José Fernández, con quen estivemos hoxe.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As obras de renovación do pavimento e a instalación dunha nova iluminación na Ponte da Esperela, en Leiro, aínda seguen a causar polémicas. A actuación, levada a cabo pola Xunta de Galicia a petición do Concello, tiña unha duración inicial de catro meses, dos cales xa se consumiu unha parte dende que comezou. A execución desta intervención levou a cortar o tráfico da estrada autonómica OU-209, ao paso polo concello de Leiro, o cal supón un problema para veciños e visitantes que desexan acceder á localidade.

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, afirma ser consciente do carácter lento das obras e dos problemas que poden resultar do peche da estrada. Sen embargo, asegura que as obras buscan están orientadas a mellorar a seguridade víal de todos os veciños, co obxectivo de facer a vía máis cómoda e segura.

Fernández tamén é consciente das críticas que membros do PSdeG-PSOE de Ourense fixeron ao concello, quenes consideran que as obras estanse levando a cabo nunha época estival que perxudica á veciños e visitantes. Este domingo día 25 levarase a cabo unha manifestación a causa das obras, coincidindo coa celebración da Festa da Vendima. Ao respecto, Fernández responde que o domingo é un día para festexar e que non se debería interrumpir a celebración.