Leiro será o foco de atención esta fin de semana coa celebración da 33º edición da tradicional Festa da Vendima

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xa quedan poucos días para a celebración da trixésimo terceira edición da Festa da Vendima de Leiro, unha xa tradicional festa organizada polo Concello que se estenderá durante toda a fin de semana.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No corazón do Ribeiro, en Leiro, xa ten todos os preparativos para a celebración da súa tradicional feira. A Festa da Vendima de Leiro, declarada de Interese Turístico de Galicia, celebra o próximo domingo 25 de agosto a súa trixésimo terceira edición. Unha fin de semana moi lúdica na que todos os asistentes poderán desfrutar dos actos programados. Un mercado artesanal, numerosas actuacións musicais e un xantar popular…, estas son algunhas das actividades previstas ás que o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, invítanos a participar.

As actividades comezarán durante a xornada previa á propia festa, o sábado 24 de agosto, día no que se inaugurará a V Mostra de Viños de Leiro. Ó día seguinte, Leiro vivirá o día central de festexo.

A celebración terá inicio ás 10.00 horas coa recepción de Acios a concurso seguido da propia exposición. En torno ao mediodía, a nova concelleira de Medio Rural, María José Gómez, encargarase da lectura do pregón, una participación que quixo destacar o alcalde da localidade.

A continuación, darase paso ao acto central da festa: o desfile de carrozas, no que participa toda a veciñanza. Pequenos e grandes poñen a proba o seu inxenio para recrear os traballos da vendima, e tamén da vitivinicultura. A partir das 16.30 horas, realizarase a entrega de premios de racimos e carrozas, continuando coas actividades infantís. A xornada rematara á noite, coa actuación musical no Salgueiral co grupo A Roda e un DJ.

A festa é un evento para exaltar os viños da zona o render homenaxe á labor dos viticultores durante todo o proceso de produción dos mesmos. Trátase dun punto de encontro para que veciños e visitantes da zona celebren a cultura da localidade.