O Tarazona fixo o que sabe facer: fútbol directo, con gran velocidade en tres cuartos tras a recuperación do balón, e finalizar as xogadas. Cun pouco de fortuna marcou o primeiro gol Areso, sacándose da manga un remate en longo cando Iván Muñoz dispoñíase a cortar a xogada ao bordo da área grande. O coiro excedeu a Diego García e o Tarazona adiantouse.
O Arenteiro quixo xogar o balón. Mostrou intención polas bandas, coas primeiras avanzadas de Jordan, buscando centros para Nacho Ramón. O incisivo Diego Gómez, pola dereita na primeira parte, creaba perigo, pero os seus defensores non dubidaban en facerlle faltas para atallalo. Os verdes tiñan máis o balón, pero outro partido xogábase entre as dúas puntas do Tarazona, en especial Cubillas, e os centrais carballiñeses. O partido íase decantando cara ao físico e definíase nos movementos en poucos metros. Llacer tivo a primeira ocasión local aos 22 minutos. Controlou co peito e o seu remate cruzado na área acertou a cortalo João Días. O Arenteiro contestou cun centro chute de Jordan á cepa do primeiro pau que sacou Fuoli.





https://www.resultados-futbol.com/partido/Tarazona/Arenteiro
1ª DIVISIÓN RFEF Resultados e Clasificación ( Premer nas Imaxes )
RESULTADOS – CLASIFICACIÓN
C D Arenteiro Datos