A Banda de Gaitas e Danzas O Irixo anuncia a data de inauguración do novo curso 2024 – 2025.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Coa chegada do fin da temporada estival na que a agrupación presentou arduamente o traballo realizado durante o curso pasado, a escola retoma a súa actividade o sábado 7 de setembro, cunha amplia oferta formativa. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Impartiranse clases de gaita, percusión e baile tradicional galego, todos os sábados no local social anexo ás instalacións do CEIP Virxe da Pena da Sela, en O Irixo (Ourense). 

Anuncian que a cuota mensual será de 10€ por alumno, e permitirá participar en calquera actividade escollida, unha ou varias. A primeira clase será de balde para que os novos participantes poidan probar, e a matrícula para a inscrición no novo curso que tamén será gratuíta, permanecerá aberta durante todo o ano. 

Con esta proposta educativa, a agrupación busca chegar a todos aqueles que independentemente da súa idade, queiran formar parte do seu equipo.