E en Maside, tamén moita máis festa, celebrando os días grandes das festas patronais do San Vitorio 2024. A celebración deu comezo hoxe, día martes 27 de agosto, e continuará mañá mércores, con máis actividades.
O concello de Maside celebra os días grandes da súa festa patronal máis importantes, as Festas do San Vitorio 2024. Hoxe celebrouse o primeiro grande día da festa.
A xornada comezou á mañá, co pasarrúas a cargo da Banda de música La Lira de Ribadavia. Ás 12.00h, tivo lugar a misa na Igrexa Parroquial, seguida da procesión. Pola tarde, a Praza Maior acolleu o concerto do mesmo grupo musical, La Lira de ribadavia, mentres que na Alameda levouse a cabo a Feira de Artesanía Infantil. A xornada concluirá hoxe ás 22.00h coa verbena nocturna a cargo das orquestras Royal e Galilea.
A celebración continuará mañá, coa misa e procesión na Igrexa Parroquial ás 12.00h, novos concertos e a continuación da Feira de Artesanía Infantil. A verbena nocturna correrá a cargo da orquestra Gran Parada e o grupo Claxxon. As festas en Maside estenderanse ata o 15 de setembro, con máis actividades para todo o mundo.