Apertura periodo de inscricion programa Piñor concilia “familias tardias”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Concello de Piñor ofrecerase un ano máis PIÑOR CONCILIA FAMILIAS TARDIAS, programa de conciliación da vida familiar e laboral que muda algo na súa forma para adaptarnos ás necesidades da poboación. Ata o momento, neste programa priorizábase a parte escolar, ofrecendo reforzo escolar e unha atención o máis individualizada posible, razón pola cal destinábase a cativos dende 1º Primaria (en Educación Infantil non adoita haber deberes, exames, etc). Sen embargo, a realizade da conciliación da vida familiar e laboral comeza xa en idades temperás, razón pola cal FAMILIAS TARDÍAS pasa a ofrecerse dende Educación Infantil (3 anos) ata 2ºESO (13 anos, aproximadamente), que son as idades con máis dificultade para que podan estar sen supervisión adulta. Desenvolverase seguindo o calendario escolar do CPI Virxe da Saleta, colexio de referencia para o Concello de Piñor. O inicio do programa será o 1 de outubro de 2024 e finalizará o 20 de xuño de 2025, e terá o seguinte horario:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
DíaSaída do colexioChegada a PiñorHorario de Familias Tardías
Luns16:40h16:55h16:55h a 20:30h
Martes16:40h16:55h16:55h a 20:30h
Mércores15:50h16:05h16:00h a 19:30h
Xoves15:50h16:05h16:00h a 19:30h
Venres15:50h16:05h16:00h a 19:30h

Os venres realizaranse actividades lúdico-educativas. O resto de días o/a monitor/a encargarase de recoller ós cativos na parada de bus, supervisar que merenden, marcar horarios de traballo cando sexa preciso e, fundamentalmente, coidar dos nenos e nenas e ofrecerlles un entorno seguro mentres os seus pais e nais traballan.

As familias que o precisen, poderán solicitar o cambio de parada de bus para Albarona, de maneira que os seus fillos/as irían directamente dende o colexio ó Centro Social, onde serían recollidos polo/a monitor/a. Este trámite realizase no centro educativo, onde tamén se informará do número de prazas dispoñible para este desprazamento.

A inscrición en FAMILIAS TARDIAS poderá dende o 2 ó 12 de setembro (prazas limitadas). As bases que rexen o proceso de inscrición están publicadas na sede electrónica e no taboleiro sito nas dependencias dos Servizos Sociais.