Dobre programación do Novo Cine de Leiro esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira para os días 30 e 31 de agosto e 1, 2 e 5 de setembro, con dúas novas película: unha de animación, a conmovedora “Buffalo Kids”, e unha comedia española, “Odio el verano”

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso ofrecerá unha dobre programación. Por unha banda, poderemos desfrutar de “Buffalo Kids”, película española baseada no relato corto Cuerdas, de Solís García, obra que foi adaptada anteriormente en 2013 en formato curtametraxe. A película é a viaxe de dous irmáns orfos que se embarcan nunha viaxe en busca da súa familia, unha incrible historia de amizade e valentía que conmove tanto aos máis grandes, como aos máis pequenos. Poderase ver o venres, luns e xoves, ás 18.00h, e o sábado e o domingo ás 16.00h.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por outra banda, teremos “Odio el verano”. A película é unha comedia a cargo do director español Fernando García Ruíz. Conta a historia de tres homes que reservan, sen sabelo, a mesma casa para as súas vacacións familiares, convertendo o verán nun cómico exercicio de paciencia. Poderase ver o venres, luns e xoves, ás 20.00 horas, e o sábado e domingo dobre sesión, unha ás 18.00h e outra ás 20.00h.