Francisco Dorado e Andrea Lamas, aos mandos do Volkswagen Polo R5, e Antonio Viloria no Yacarcross, foron os vencedores da clase B e A do Rallymix de Portas, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
Dorado e Lamas, que ademáis foron os primeiros dentro da clasificación conxunta da proba e primeiros da Copa Pirelli 4×4, foron os grandes dominadores da fin de semana logo dos problemas mecánicos sufridos durante as mangas do sábado por Alfonso “Pisko” Ventín.
O equipo do Volkswagen Polo R5 aventaxou en 38,7 segundos ao que finalmente sería segundo clasificado, o berciano Antonio Viloria, no Yacarcross. Viloria fíxose ademáis coa victoria na clase A.
O terceiro posto da clasificación xeral da proba e segundo dentro da clase A foi para Alejandro Fariña, no KinCar, mentres que o cuarto lugar e terceiro nesta clase foi para Alexis Vieitez, que participou nun LifeLive.
Completaron os cinco primeiros clasificados Celestino e Jorge Iglesias, que se fixeron ademáis co segundo chanzo do podio dentro da clase B. Completaron os tres primeiros postos desta clase José Antonio Otero e Christopher Telmo no Skoda Fabia R5.
Dentro da Copa MRF para carcross, primeiro posto para Ismael Neira, seguido de Adrián Andrés e de Victor Manuel Fernández.
Jesús e Manuel Sánchez foron os primeiros clasificados da Copa Pirelli Dianteira. A continuación situáronse Rubén Vázquez e Sandra Amaro e Marcos Lista e Martín Fariña.
Por último, dentro da Copa Escuderías, primeiro posto para Carlos Maquieira e José Manuel Angustia, seguidos de Fran Abalo e Manuel Raido e Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar os días 4,5 e 6 de outubro en Cuntis.