Detido un veciño de Avión de 54 anos por 2 delitos de violencia de xénero e por delitos por lesións, furto, danos e ameazas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Garda Civil de Ourense detivo onte pola tarde a un veciño de Avión de 54 anos de idade como presunto autor dos delitos de violencia de xénero, dous delitos de lesións, 1 delito de furto e 1 delito de danos e un delito de ameazas.

O detido é interno de terceiro grao do Centro Penal de Pereiro de Aguiar, e estaba de permiso de fin de semana e ao comparecer no seu domicilio agrediu ao seu ex parella, á parella do seu ex parella e a un fillo da súa parella.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Apoderouse de 450 euros, asperxeu o vehículo do seu excuñado de gasolina e ameazouno de morte.

Posteriormente encerrouse no domicilio e se dió á fuga polo tellado cando observou a presenza da Garda Civil. A Garda Civil montou un dispositivo de procura e protección da vítima e durante a tarde de onte e grazas á colaboración cidadá procedeuse á súa detención nun monte próximo á localidade de Avion.

O detido pasará mañá a disposición xudicial en Xulgado de Ribadavia.