O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, desprazouse hoxe ata a vila do Arenteiro para a presentación do plan estructural para a ampliación da área industrial do Carballiño, que abranguerá unha superficie engadida de 1,2 millóns de metros cadrados cara o veciño municipio de Maside, e cuxo proxecto estará redactado nun prazo máximo de un ano. Según as previsión dos técnicos, unha vez rematado o proceso de elaboración do plan e transcurrido o periodo de exposición pública e co aval dos informes pertinentes, a licitación da primeira fase de obras faríase a finais de 2026.Ao acto de presentación asistiron os alcaldes do Carballiño, Francisco Fumega, e Maside, José Manuel Iglesias, ademais doutras autoridades autonómicas; o presidente da Deputación provincial, Luis Menor, e outros representantes municipais da comarca.
Francisco Fumega agradeceu a colaboración amosada por tódolos organismos oficiais implicados nun proxecto que servirá para potenciar socioeconómicamente non só a comarca, senón tamén ao resto da provincia.
O feito de que este proxecto traspase a frontera administrativa e territorial que supón a delimitación dos dous municipios foi destacado polo presidente da Xunta, que destacou o cambio de criterio á hora da construcción de novas infraestructuras.
A ampliación da área industrial está previsto que ocupe unha superficie total de 1,2 millones de metros cuadrados, dos que algo máis de 230.000 estarán no municipio do Carballiño e preto de 990.000 ao de Maside, destinándose algo máis de 910.000 metros cadrados a parcelas para o asentamento das empresas.