Proxección Cine Club Carballiño 20 de setembro: Cristina García Rodero: la mirada oculta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este venres día 20 de setembro temos no Cine Club Carballiño unha proxección moi especial, xa que é unha colaboración coa Asociación fotográfica Potiños co gallo da celebración do Arenteiro fotográfico, un dos eventos culturais da nosa comarca e unha auténtica referencia dentro do mundo da fotografía en Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este é o motivo de proxectar Cristina García Rodero: la mirada oculta, un magnífico documental dirixido pola cineasta Carlota Nelson, que se centra na figura desta presixiosa fotógrafa española, Premio Nacional de Fotografía e a única persoa española membro da axencia Magnum.

Ferozmente independente, aclamada pola crítica e autodidacta, a fotógrafa española Cristina García Rodero deu testemuña, durante máis de medio século, dunha España insólita. Pero as súas extensas reportaxes sen presa e dende dentro tamén buscaron outras culturas e realidades.

Hoxe, esta artista de 73 anos continúa autofinanciándose os seus proxectos a longo prazo e documentando como se celebra a vida, o amor, a beleza e a morte no mundo. Aquilo que move e conmove a alma, espírito e corpo humano. Os dous pases serán coma sempre ás 20:00 e ás 22:30 horas, os dous en castelán e no Auditorio Manuel María do Carballiño