‘Galicia sabe a mar’ levou a Leiro os sabores das nosas rías

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A furgoneta da campaña da Xunta ‘Galicia sabe a mar’ desprazouse este pasado sábado ata o municipio de Leiro, despois da visita realizada hai dúas semanas á vila do Arenteiro, co obxectivo de animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor aos profesionais da pesca e do marisqueo. Esta iniciativa foi posta en marcha este ano con catro ‘foodtrucks’, e unha delas foi a que estivo na praza Luis Hermida de Leiro, en horario de 12,30 a 13,30 pola mañá, e de 17,00 a 22,00 pola tarde, onde veciños e visitantes tiveron a oportunidade de degustar varios petiscos elaborados por cociñeiros expertos. A seguinte parada levará a degustación ata a localidade de Carballeda de Avia, tamén na comarca do Ribeiro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mateo, un dos cociñeiros, falounos do tipo de petiscos que se prepararon para a degustación.