Un ano máis o Concello de Piñor organiza a Festa dos Callos, unha xuntanza popular que ano tras ano vai subindo en número de asistentes, e a finalidade é degustar un prato típico da zona e gozar dun día de lecer para os veciños e veciñas de Piñor e todos os asistentes que queiran acercarse a esta cita tan agardada.
A programación deste ano é a seguinte:
– 10:00 h RUTA DE MOTOS CLÁSICAS.
– 11.30 h ARENTARTE 01. Inauguración dunha exposición de artes plásticas de 6 artistas locais no Centro Cultural do Arenteiro, haberá mostras de pintura e manualidades nesta primeira edición.
– 13:30 h Xantar popular na praza do Arenteiro. Menú composto por Empanada, Lacón Asado, CALLOS, Postre, Pan, Viño e Café. O prezo son 20 €/persoa e os menores de 10 anos de balde.
As entradas para asistir á VII Festa dos Callos xa se poden adquirir nos seguintes locais e hai de prazo ata o mércores 8 de outubro:
– Bar Ojea (Arenteiro)
– Gasolinera Ateneo (O Reino)
– Restaurante Ateneo (O Reino)
– Bar O Refugio (Cotelas)
– Farmacia Marina Diéguez (Piñor)
– Casa do Concello de Piñor.
Este evento contará coas actuacións musicais da charanga OS CALIQUEÑOS e o dúo LA HORA BRUJA.
A maiores haberá hinchables para os máis cativos.