O campo municipal de Espiñedo acolle o vindeiro domingo un novo partido do grupo 1º da Primeira Federación entre Club Deportivo Arenteiro e a Ximnástica Segoviana, no inusual e tamén incómodo horario das tres e media da tarde, que terá continuidade nas dúas xornadas seguintes. Os verdes veñen de sumar seis puntos nos dous últimos partidos, sitúandose no lugar número 11 da clasificación, alonxados xa dos postos de descenso, mentres os segovianos están na 8ª posición, só un punto por riba do Arenteiro, tras derrotar na casa ao Bilbao Athletic por 2-1. A boa marcha do equipo que adestra Raúl Jardiel está a espertar boas vibracións entre socios e seareiros coa confianza de que o equipo vai manter o ritmo ascendente nesta cita e nos seguintes enfrontamentos da categoría.
O propio Raúl Jardiel suliñou hoxe en rolda de prensa que o equipo aínda ten marxe para mellorar.
O adestrador verde tamén analizou o xogo que desprega a Xinmnástica.