Nove montaxes conforman a ‘Mostra de teatro Amador’ que organiza Tiruleque

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A 17ª Mostra de Teatro Amador ‘Terras do Orcellón’, que organiza o colectivo Tituleque celebrarase no Carballiño do 5 ao 20 de outubro e do 1 ao 17 de novembro con sede no Auditorio Manuel María e cun horario estable das funcións ás 8 da tarde. Serán un total de nove obras que foron seleccionadas pola organización deste festival, que patrocinan o Concello carballiñés e a Deputación provincial de Ourense. Na mostra, que foi presentada esta mañá, participan Namarella Teatro, premiada na pasada edición, con “Un mal día”, xunto coas obras “Soño dunha noite de verán”, da Aula de Teatro da Universidade de Vigo; “Veredicto” de Cambre Theatro; “Deus non quere calderilla”, de The Sastre; “O traballo de Andrea”, de Ollomao; “Yallah! Yallah!”, de La Caja de Pandora; “Entrañas negras”, de Disfunción Continua; “Sombras de noite” de Chumpá Teatro, e “Refacho”, de Ateaco.

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, encargouse de introducir o acto de presentación da mostra.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pola Deputación estivo o vicepresidente 2º e responsable de Cultura, César Fernández.

Lydia Almonte, de Tiruleque, falou das dificultades do orzamento para levar a cabo a mostra.