O galego de karting despediuse en Outeiro de Rei por todo o alto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Campionato Xunta de Galicia de Karting despediu a tempada 2024 con éxito de participación (73 equipos inscritos), moito público e un fin de semana para recordar no trazado de Outeiro de Rei (Lugo).

O peche do curso (haberá un fin de festa en forma de segunda edición da Supercopa de Karting) en Outeiro de Rei non deixou indiferente a ningún dos asistentes a esta proba, que puideron desfrutar de dúas xornadas cheas de emoción e un tempo soleado que facilitou as cousas tanto á organización coma aos pilotos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Se o sábado foi o turno para os adestramentos libres e os participantes da categoría pre-rookie, a base do automobilismo galego, o domingo chegou o momento de decidir os campionatos autonómicos.

Na categoría rookie, dominio absoluto para unha das grandes protagonistas desta tempada galega, Aroa Fernández. Dous novos triunfos para despedirse da categoría e un título autonómico de grande valor. Acompañárona no podio Nicolás Fernández e Alex Busto.

Kevin Fernández subiuse ó máis alto do podio na competición mini. O segundo posto foi para Rafael Simón e o terceiro para Jorge Núñez. Kevin e Rafael repartíronse os triunfos nas dúas carreiras.

Núñez, pola súa banda, foi o primeiro clasificado da categoría mini novel. Martín Coria e Álvaro Castro completaron o podio dos debutantes neste nivel.

Primeiro posto para Daniel García entre os júnior, con Alejandro Méndez e Joel De Lamo en segundo e terceiro posto, respectivamente. Anxo Feijóo, un dos destacados do fin de semana repúxose do seu abandono na primeira carreira para firmar un notable segundo posto na segunda.

Iván Riera foi o mellor dentro da competida e abonsosa categoría sénior. O segundo posto da clasificación final foi para Brais García e o terceiro para Raúl dos Santos. Mateo García, becado da FGA en Montaña na tempada 2024 foi o vencedor da segunda carreira logo de sufrir problemas na primeira delas.

Por último, nos KZ, primeiro posto para Lino Collado, que non deu opción aos seus rivais no trazado lucense con dous primeiros lugares nas dúas carreiras. Guillermo Carrera (primeiro KZ2) e César Álvarez foron segundo e terceiro, respectivamente.