Comezan os cursiños de xadrez na biblioteca municipal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A área de Deportes do Concello do Carballiño, coa colaboración da Deputación provincial de Ourense, vén de programar un obradoiro de xadrez que se levará a cabo tódolos venres, de sete a oito da tarde, na Aula CEMIT ubicada na Biblioteca Municipal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscripción nas oficiñas do departamento de Deportes, sendo o prezo da matrícula de 12 euros mensuais. O concelleiro de Deportes, José Castro-Gil, destacou o apoio da institución provincial a esta iniciativa e convidou a participar a tódolos rapaces e rapazas que desexen aprender as técnicas deste ancestral xogo de estratexia.

A programación desta área municipal para a tempada de outono inclué tamén tódalas fines de semana clases de ioga e pilates durante as mañás dos sábados no pavillón polideportivo Paco Chao e a organización de andainas saudables por sendeiros do municipio na xornada dominical.