Club Deportivo Arenteiro desprázase hoxe ata as terras de Euskadi para xogar mañá, sábado, ás 15,30 horas, no campo polideprotivo de Lasesarre ante o Barakaldo C.F. e coa moral moi alta tra-las tres victorias consecutivas ante Cultural Leonesa, Ponferradina e Ximnástica Segoviana. Estes seis puntos colocaron ao conxuntoo que adestra Raúl Jardiel no sexto posto da clasificación cun total de 10 puntos, un menos cá os obtidos polos vasco que adestra Imanol de la Sota, que veñen de derrotar a fin de semana pasado no Couto ao equipo pontino do Ourense C.F. por un contundente 1-3.
As expectativas de Raúl Jardiel para este enfontamento son boas, tendo en conta que o equipo “está ben e ten confianza porque está a facer ben as cousas que queremos facer”, e amosouse “encantado” co xogo que practica o Barakaldo, prevendo que o partido en Lasesarre vai ser moi esixente para os xogadores verdes.