Monsignor Quixote ten o seu panel en Oseira, no que se lembra a rodaxe desde filme que se estreou na Praza Maior de Cea e se pon en valor tamén o turismo cinematográfico, en plena Vía da Prata, ao pe do Mosteiro Cisterciense de Oseira e do Museo Olimpio Liste.
Está adaptación da novela de Graham Greene foi rodada en 1985 e estreouse en 1987, pero en Galicia era inédita ata onte, e naquel entre foi a primeira película internacional que elexiu a provincia de Ourense como o seu lugar de rodaxe.
O director do OUFF (Ourense Film Festival), Miguel Anxo Fernández, o vicepresidente segundo e deputado de cultura da Deputación de Ourense , César Fernández e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, descubriron o panel conmemorativo nun sinxelo e emotivo acto.