Cuntis, nova parada do autonómico de rallymix

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A localidade pontevedresa de Cunts acolle esta fin de semana (4,5 e 6 de outubro) a sexta e penúltima parada do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix, que nesta ocasión contará con 92 equipos na liña de saída.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Una proba que contará cun atractivo extra, a presenza de José Antonio Suárez e Alberto Iglesias no Skoda Fabia RS Rally2 como preparación para o Rallye de Cataluña, proba puntuable para o Supercampionato de España. Con “Cohete” Suárez e os principais candidatos ao título na agrupación B, como Manuel Osorio e Alberto dos Reis ou os irmáns Celestino e Jorge Iglesias, o espectáculo esta garantido, xa que serán 3 R5/Rally2 e 2 N5 os que tentarán sumar o triunfo no sempre esixente percorrido pontevedrés.

En canto a agrupación A, 43 equipos tomarán a saída, con “Pisko” Ventín como principal favorito, nunha proba na que retorna ao certame o pluricampeón galego, Javier Ramilo. Ademáis, pilotos como Sergio Fernández, Antonio Viloria, Adrián Andrés ou Miguel Iglesias, entre moitos outros, tamén terán opcións de victoria.

En canto aos horarios, as verificacións opcionais terán lugar este venres 4 de outubro dende as 20:00 horas. Xa na xornada do sábado 5 de outubro, turno para o resto de verificacións dende as 08:30 horas no parque de asistencia da proba. A primeira pasada comezará ás 11:30 horas da mañá, coa segunda e terceira xusto a continuación.

O domingo as dúas pasadas restantes comezarán a partir das 09:00 horas da mañá. A entrega de premios final será na Nave da Ferretería Mieres.