Días pasados a Asociación contra o cancro infantil e xuvenil Daniel Prado Lamas celebrou asamblea extraordinaria no Salón de Actos do Concello de Beariz, coa seguinte orde do día:
1. Cambio da Xunta Directiva.
2. Aprobación das contas correpondentes aos anos 2022 e 2023.
3. Balance de xestión.
4. Propostas de actuación. 5. Rogos e preguntas.
A dita asamblea asitiron 19 socios e delegaron o seu voto outros 19 dun total de 64 socios.
En primeiro lugar e por unanimidade acordouse elexir a xunta directiva que quedou composta da seguinte forma:
Presidente: Manuel Prado López.
Vicepresidenta: María Gloria Rivas Gestoso.
Secretaria: Iria López Mourelle.
Tesoureira: Asunción Lamas Lamas.
Vogais: Natalia Ocampo Fernández.
Lidia Domínguez Nieto. Asunción Pardo Rodríguez. Manuel Pérez Otero.
José López Prieto.
En segundo lugar procedeuse á aprobación das contas correspondentes aos anos 2022 e 2023, contas confeccionadas pola Asesoría Valiñas/Lage e que arroxan un superávit de 4.530 euros. Acto seguido procedeuse a facer balance da xestión realizada ao longo destes anos, desde a súa constitución a finais do 2019 e ata a actualidade.
A modo de síntese pódense citar:
Covid: confección e reparto de mascarillas para nenos e xoves. – Sinatura de convenios con José Luís González Iglesias e a escultora Esther Veiga. – Sinatura convenio coa Fundación Seur para a recollida dos tapóns solidarios dentro da campaña “Tapones para una nueva vida”. Ata a actualidade lévanse recollido 166 sacos cheos de tapóns. Colaboración coa Asociación para o tratamento da síndrme KBG. – – – Envío de material sanitario e alimenticio aos nenos ucranians.
– Adquisición lazos solidarios co membrete da asociación.
Recoñecemento con entrega de placa á Asociación por parte da Asociación de Amigos da Terra de Montes.
– Adquisición e colocación dun corazón solidario fronte á farmacia en Beariz. – Adquisición de material informático por valor de máis de 2.200 euros para ser entregado no Hospital Álvaro Cunqueiro aos nenos con cancro.
Por outra banda plantexáronse as seguintes liñas de actuación para levar a cabo:
Solicitude no momento preciso de declaración da Asociación como de utilidade pública.
– Campaña de divulgación e captación de socios.
– Creación dunha páxina web.
– Instalación de corazóns solidarios nas localidades de Doade e Lebozán.
Posta á disposición dunha psicóloga cando fose necesario.
– Campañas de sensibilización medioambiental en estreito contacto coa Agrupación Local de Protección Civil de Beariz.
– Sorteos coa finalidade de recadar fondos.
– Donativo de 2000 euros á Fundación Criss para labores de investigación contra o cancro infantil e xuvenil.
– Establecemento de relacións con outras asociacións e fundacións.
-Adquisición de petos para a realización das actividades.
No capítulo de rogos e preguntas aceptouse a proposta de enviar cada seis meses aos socios un correo dando conta de tódalas novidades e actuacións.
ASOCIACIÓN BEARICENSE DANIEL PRADO LAMAS