A Banda de Gaitas do Irixo organiza este sábado o ‘II Serán de Outono’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A estación de ferrocarril do Irixo acollerá o vindeiro sábado, 19 de outubro, o ‘II Serán de Outono’, un evento de música e baile tradicional organizado pola banda de gaitas da localidade. O encontro comezará ás 18,00 horas cun obradoiro de baile tradicional que impartirá o profesor da escola, Ismael Rodríguez. Ao remate deste, ás 19,00 horas, iniciarase a foliada cos grupos invitados Xunquereteiras, Pandeireteiras de Zobra, Ferreñas do Testeiro, Airiños de Arnoia, Cuarteto Tradicional de A Carballeira, Grupo de música da EMBT Rebulir, Xúa e Pandeireteiras Celavella. Como remate desta segunda parte do serán e inicio da foliada libre ás 22,00 horas, dende a Banda de Gaitas e Danzas O Irixo propoñen a divertida interpretación conxunta do baile tradicional do “Esparabán do Incio”, actividade que tivo gran aceptación entre o público da pasada edición do evento. A foliada libre estenderase durante o resto da noite e promete manter un ambiente festivo ao máis puro estilo da nosa cultura tradicional. 

Dende a organización anuncian que ante a probabilidade de chuvia e frío, o evento transcurrirá baixo carpas nas que haberá venta de bebidas e bocadillos quentes. Ademais, fan publicidade da venta de merchandising deste ‘II Serán de Outono’ e de participacións para numerosos sorteos que se rifarán durante a foliada, as cales se poden mercar de forma anticipada ou o propio día do evento.