O obradoiro de emprego xove centrarase na mellora de espazos naturais no Carballiño, Maside e Boborás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un total de 16 alumnas e alumnos do Carballiño, Boborás e Maside de entre 18 e 25 anos participan no proxecto do obradoiro de emprego xove Carbosam que se porá en marcha na vindeira semana, e no que se formarán a nivel educativo e profesional, neste caso nas modalidades de xardinería e carpintería, baixo a coordinación dun equipo docente dirixido por David Lozano. A presentación oficial deste programa tivo lugar hoxe na Casa da Cultura coa presenza da responsable das áreas de Comercio e Emprego do Concello do Carballiño, Diana González, e a asistencia do alumnado, os dous monitores e a persoa que se encargará das tarefas administrativas. Tanto o director coma a representante do Concello animaron aos xoves a aproveitar esta oportunidade que se lles brinda para a aprendizaxe dun oficio que permita a súa futura inserción no mercado de traballo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ao longo dos vindeiros 12 meses, os actuacións deste obradoiro centraránse na posta en valor de espazos naturais senlleiros e de interese turístico e doutras áreas axardinadas dos tres municipios integrados no proxecto. Concretamente, entre outras,  contémplase para O Carballiño a reposición e acondicionamento das pasarelas do segundo tramo do paseo fluvial do Arenteiro que se atopan ubicadas na contorna do barrio de Toscaña, As Barcias e o Parque Etnográfico.

No caso de Maside, acometerase a mellora das infraestruturas existentes nos sendeiros que percorren a paraxe natural do Puzo do Lago, mentres en Boborás levaranse a cabo traballos de reparación das pasarelas peatonais que comunican a localidade de Pazos de Arenteiro co Puzo dos Fumes.