“16 preguntas que deberías facerte sobre Minaría”. Este é o título da charla que o experto en hidroxeoloxía Dr. Emerman, dará o próximo 27 de outubro, no lugar de Doade, Beariz.
(BEARIZ) – 15 de outubro de 2024
Ante a falta de información clara e transparente por parte da empresa mineira a veciñanza acode a un experto internacional independente.
O Dr. Steven Emerman, experto en xeofísica con 31 años de experiencia e máis de 60 publicacións científicas, traballou ademáis como consultor independente tanto para empresas mineiras como para organismos públicos.
A mencionada charla anúnciase dende as comunidades locais afectadas polo PI. Alberta I, agora denominado por RMG, “Mina Doade”, para referirse á primeira fase do proxecto mineiro que presumiblemente presentarán de novo antes de fin de ano.
“Esta charla está organizada para afondar na afectación ambiental e en concreto nos efectos nas augas da zona. Farase con xente experta non ligada a intereses empresariais nin políticos co estudo da información que dispoñemos do anterior proxecto presentado, xa que RMG non nos facilitou nin os estudos hidroxeolóxicos que realizou nin un avance do proxecto que presentará en decembro para solicitar o pase a Concesión de Explotación,” ainda que presuman de transparencia”
O dereito mineiro Alberta I tentou ser explotado hai 4 anos pola empresa Recursos Minerales de Galicia S.A., filial do grupo empresarial SAMCA. A Xunta de Galicia denegou entón a Concesión de Explotación ante o informe negativo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola máis que probable afección aos cursos de auga da zona. Ademais, dito proxecto, fora presentado sen someterse ao trámite de Avaliación de Impacto Ambiental (AIA) a pesar de cumprir as tres chaves 1º Que su paragénesis pueda, por oxidación, hidratación o disolución, producir aguas ácidas o alcalinas que den lugar a cambios en el pH o liberen iones metálicos o no metálicos que supongan una alteración del medio natural. 2.º Que exploten minerales radiactivos. 3.º Aquéllas cuyos minados se encuentren a menos de 1 km (medido en plano) de distancia de núcleos urbanos, que puedan inducir riesgos por subsidencia. Prevese que Recursos Minerales de Galicia (RMG) presente novamente proxecto de explotación para a primeira fase (Doade -Beariz) unha vez feitos os estudos hidroxeolóxicos para subsanar as deficiencias atopadas pola confederación Hidrográfica, animda que a concesión de explotación abarca unhas 1700 ha dende Presqueiras (Forcarei) ata Rubillón (Avión).
A veciñanza da zona convida a todos os interesados en asistir e así ter mais información xa que o problema da probable contaminación e afectación ás augas non é só local, se non que estamos nunha zona moi sensible por ser cabeceira de ríos e regatos que nacen nos nosos montes e van desembocar nas bacías do Miño, Lérez e Verdugo chegando ás rías de Pontevedra e Vigo atravensando numerosos concellos.