Taller infantil “a Miña Familia” no concello de Piñor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Piñor informa da realización dunha actividade dentro do Programa de Educación e Apoio á Familia, o taller  ”A MIÑA FAMILIA” o xoves 31 de outubro de 10h a 14h no Centro Social de Albarona.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, ademais de traballar con familias de forma individualizada, leva a cabo actividades comunitarias destinadas a traballar obxectivos concretos do programa. Neste caso, os usuarios do Programa Piñor Concilia Familias Tardías, o 31 de outubro acudirán de 10h a 14h, por ser día non lectivo, pois trátase dun proxecto que atende polas tardes ós cativos, tralo remate da xornada escolar.  Nese tempo, a educadora familiar levará a cabo a actividade “A miña familia”. O Programa de Educación Familiar está financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude e polo programa operativo FSE Galicia 2021-2027.

A temática é escollida para promover a importancia de traballar a autoestima familiar nos cativos, valorando así mesmo a importancia de xestionar axeitadamente o tempo en familia. Realizaranse estas actividades cos cativos do programa Familias Tardías:

  • “A miña familia”: Cada cativo debuxará  a súa familia, salientando as cualidades positivas que perciben en tódolos seus membros.
  • Elaboración do “Tarro do tempo en familia”: fomentarase que cada cativo introduza no seu bote as actividades que lle gustaría facer en familia, diariamente, nun posible tempo diario estipulado para elo. Por moi pequeno que sexa dito tempo, podemos facer un puzzle, cantar unha canción, contar chistes, falar do noso día… Cada día o cativo sacará unha idea dese bote, e será a actividade a facer nese día. Non teñen por qué ser grandes iniciativas, compartir tempo de calidade non precisa de moito preparativo, estar e compartir é suficiente.