Nunha entrevista na Cope de Carballiño anuncia Iago Fariñas -o portavoz do grupo socialista e primeiro tenente alcalde- a súa renuncia á acta de concelleiro, que fará efectiva esta mesma tarde a través da sede electrónica do concello do Irixo.
“As culpas non son sempre dun só, eu asumo a miña responsabilidade, e agora gustaríame saber que responsabilidade van asumir os demais. Creo que os proxectos se constrúen de abaixo para arriba, non de arriba para abaixo, e este acordo ía de cogobernar, non de mandar”, dixo en alusión a Susana Iglesias.
Iago Fariñas levaba 10 anos exercendo como concelleiro socialista na corporación municipal do Irixo, o pasado ano 2023 asinou xunto a outra concelleira socialista e os tres representantes do grupo Xuntos Polo Irixo unha moción de censura que desaloxou da alcaldía a Manuel Cerdeira “Lito”, do PP, que fora o máis votado nas últimas eleccións municiapais, saindo elexida como nova alcaldesa Susana Iglesias, do grupo de Xuntos polo Irixo.
AUDIO ca entrevista na Cope
PREMER NA IMAXE:
