A Xunta financiará as obras de mellora da vivenda comunitaria de Castrelo de Miño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde, Avelino Pazos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Achéganse 30.000 euros para a renovación deste equipamento de titularidade municipal e mellorar os accesos

Castrelo de Miño (Ourense), 7 de novembro de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou esta mañá un convenio de colaboración co alcalde do concello de Castrelo de Miño, Avelino Pazos. O obxecto deste acordo é a execución de obras de mellora na vivenda comunitaria para persoas maiores do municipio, para o que a Xunta achegará 30.000 euros.

A intervención contempla o arranxe do muro exterior das instalacións e do pavimento. Ademais, ampliarase a zona de entrada dos servizos sanitarios para facilitar as manobras de ambulancias e outros vehículos. No que se refire ao interior do inmoble, solucionaranse as filtracións e humidades que se detectaron e mellorarase a iluminación. O concello encargarase da licitación e execución das obras, que teñen un prazo previsto para a súa realización de tres meses.

Ademais, o orzamento inclúe o cambio do mobiliario e a instalación de novos sistemas de chamada de emerxencia. Así mesmo, realizaranse reparacións nos aseos e nas zonas comúns da vivenda, entre as que se contempla a colocación de cadeiras adaptadas para persoas maiores e con problemas de mobilidade.

Con estas actuacións, a vivenda comunitaria do concello contará con novos servizos de calidade para ofrecer os mellores coidados. Neste senso, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar lembrou que a Xunta pon en marcha todos os recursos para que os centros residencias sexan un referente na atención dos maiores.