O campo municipal de Espiñedo acolleu onte a 12ª xornada do campeonato de liga da Primera RFEF cun partido que enfrontou a Club Deportivo Arenteiro coa Sociedade Deportiva Amorebieta, e no que o equilibrio entre ambos equipos decidíu o resultado final (1-1). As expectativas estaban postas no xogo que iba despregar o conxunto visitante, tendo en conta a chegada de Natxo González coma novo adestrador o pasado mércores. Poucas ocasións na primeira parte para os verdes, como unha no minuto 33, cando Enol disparou a porta e o balón pasou rozando o poste da portería vasca, e no 37, outro lanzamento de Martín Solar que foi despexado por un defensa. Xa no tempo de desconto, David Ferreiro centrou dende a esquerda que aproveita Pascu para cruzar un tiro que superou ao meta do Amorebieta e así facer o 1-0.
Tra-lo descanso, o equipo de González saíu con forza e superando ao Arenteiro ata que chegou o empate, no minuto 61, cun centro de Carbonell dende a dereita que aproveitou Dani Selva para bater a Diego García (1-1). A partir de aí, os de Amorebieta pecháronse atrás, e antes do rematar o partido, o meta vasco despexou ‘in extremis’ un tiro de Diego Gómez que podía ter sido o da victoria local. Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, o adestrador do Arenteiro, Raúl Jardiel, mantivo a súa filosofía de que “se están a facer ben as cousas”, entendendo coma positivo o punto conquerido no Espiñedo, se ben matizou que o xogo dos verdes froxeu, sobre todo na segunda parte, en defensa.
Con este resultado, Club Deportivo Arenteiro mantense no 2º posto da táboa clasificatoria do grupo 1º da Primera RFEF, con 21 puntos, e o vindeiro domingo terá unha cita no Anxo Carro ante o Club Deportivo Lugo, agora en 7ª posición con 18 puntos, tra-lo seu empate (1-1) na cidade condal co Barça B.