Os promotores da mina de litio de Beariz elaborarán un estudio de impacto económico e social do proxecto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Mina Doade, o proxecto de minería subterránea de extracción de minerais de litio e feldespatos no municipio de Beariz, vén de rematar a primeira fase do seu proceso de participación cidadá. Dende o pasado mes de setembro, un equipo de sociólogos mantivo un intenso traballo de campo con máis de 40 entrevistas e encontros en profundidade con axentes da comunidade. Entre eles, comunidades de montes, asociacións veciñais e de empresarios, así como colectivos ambientalistas, culturais e sociais. Asemade, levaronse a cabo case 500 enquisas cidadáns presenciais nos municipios de Beariz, Avión, Forcarei, A Lama e Cerdedo-Cotobade, e preto doutro cento foron autocumprimentadas na web minadoade.gal por cidadáns interesados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Con estes traballos de campo xa culminados, Recursos Minerales de Galicia S.A., promotora de Mina Doade, elaborará un estudio de impacto económico e social, que será o resultado do proxecto inicial de participación e comunicación cidadá e que, ademais, cumprirá un requisito da lei de promoción  dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia (Lei 02/2024), aprobada recentemente no Parlamento galego. Unha vez rematada esta primeira fase, a empresa mantén xuntanzas coas corporacións das comunidades involucradas, para actualizar a evolución do proxecto mineiro, e realizará encontros e xornadas informativas para garantir a transparencia en todo o proceso, que se complementan coa páxina web minadoade.gal.

Mina Doade é un proxecto mineiro impulsado por Recursos Minerales de Galicia S.A., empresa filial del Grupo SAMCA, que contempla a explotación dunha mina subterránea e a construcción dunha pranta de beneficio de minerais de litio e feldespatos para a industria cerámica na localidade de Doade, no municipio de Beariz, sendo a roca obxecto desta explotación a pegmatita, rica en minerais de litio e feldespatos