O Consello Regulador reduce a tres as variedades secundarias de uva autorizadas na D. O. Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro vén de aprobar, mediante sesión plenaria, unha modificación do seu prego de condicións para limitar de forma decisiva a inscrición de variedades de uva secundarias no seu rexistro de viñas. A partir da aprobación do novo prego de condicións, os viticultores non poderán inscribir no rexistro de viñas do Consello Regulador as novas plantacións, replantacións parciais ou enxertos en plantacións existentes nas que se utilizaran variedades de uva secundarias non autorizadas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O novo prego de condicións englobará 18 variedades de uva principais (preferentes) e tres secundarias (autorizadas). Concretamente, nas uvas brancas preferentes mantéñense treixadura, godello, albariño, loureira, lado, torrontés e caíño branco, e incorporánse coma novidades a albilla do Avia e o branco lexítimo, mentres só o a uva palomino estará autorizada como branca secundaria. Por outra banda, no prego de condicións permañecen como tintas preferentes as variedades caíño longo, caíño bravo, caíño tinto, ferrón, sousón, mencía e brancellao, ás que hai que engadir a espadeiro e a merenzao, incorporadas recentemente. Coma únicas tintas secundarias autorízanse a garnacha tintorera e o tempranillo.

Dende o Consello Regulador da D. O. Ribeiro apúntase que “esta importante decisión quere destacar a irrefutable aposta polas variedades de uva autóctonas, preferentes, castes, para que, tras o coidadoso traballo de viticultores e adegas se convertan en excelentes viños, elegantes e cheos de matices, que seguirán colleitando galardóns en concursos nacionais e internacionais, así como colmarán as mesas dos consumidores máis dilixentes”.