Cando? o vindeiro luns, 2 de decembro
En que horario? de 9 a 14 horas
Onde? na praza da Igrexa de San Xusto e Pastor
Teño que pedir cita? Non. Podes achegarte directamente, de todos modos, se queres ser atendido a unha hora en concreto, podes pedir cita na seguinte ligazón https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna/oficina-movil-cita-previa
Queres saber que servizos presta?
Asesoramento sobre programas de apoio ao retorno
Asistencia en trámites administrativos incluíndo xestións de temas relacionados coa sanidade, educación e seguridade social
Información tributaria
Orientación laboral, axudando na busca de emprego en Galicia e validación de títulos obtidos no estranxeiro
Información sobre opcións de vivenda
Achégate!