ACOLLE – Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social en colaboración coa Dirección Xeral do Maior e Atención Sociosanitaria da CONSELLERÍA DE POLITICA SOCIAL E IGUALDADE, lanza un ano máis a campaña “Ningún maior só este Nadal” , co obxectivo de acompañar ás persoas maiores que se atopen soas durante estas datas tan especiais.
O programa, que terá lugar o día de Nadal, 25 de decembro , ofrece un total de 57 prazas en varias residencias repartidas por toda Galicia.
As persoas participantes poderán disfrutar o día de NADAL da compañía dos residentes e persoal das residencias, compartindo o Xantar, actividades, conversacións, afecto e calor humano.
¿A quén vai dirixido?
Esta iniciativa está aberta a persoas maiores de 65 años que viven en situación de soidade e non desexada. Para participar, poden inscribirse:
- Contactando directamente cunha das residencias colaboradoras ou
- A través dos Servizos Sociais do Concello onde se atopa a Residencia.
Además, ACOLLE ofrecerá transporte gratuito para recoller os participantes nos seus domicilios y levalos de volta ao finalizar a xornada.
Residencias participantes
As Residencias que colaboran nesta campaña son:
- Lugo: San Ciprián – Mensajeros de la Paz (Cervo), San Rafael – Mensajeros de la Paz (Mondoñedo), Hospital Asilo (Vilalba).
- A Coruña: Nosa Señora do Carme (Fisterra), Padre Rubinos (A Coruña), San José (Betanzos), MI CASA – Mensajeros de la Paz (Ferrol).
- Pontevedra: Nosa Señora das Dores (Lalín), Paz e Ben (Tui), Divina Pastora (Vilagarcía de Arousa).
- Ourense: Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos (Ribadavia).
¿Por qué esta campaña é importante?
O Nadal é unha época especialmente dura para moitas persoas maiores que viven en soidade. Con esta iniciativa, ACOLLE quere garantizar que todos poidan disfrutar dunha experiencia
alegre e en comunidade, mellorando o seu estado de ánimo e promovendo novas conexións sociais.
Para obter máis información ou inscribirse, comuníquese coas residencias participantes ou con os Servizos Sociais dos Concello onde se encontran. Na nosa comarca en RIBADAVIA.
INTENTEMOS QUE ESTE NADAL NINGUN MAIOR ESTE SÓ
Maís información
📞 Contacto: 659906806
📧 Correo electrónico: secretaria@acolle.org