Rodrigo Aparicio valora como históricos os orzamentos de Arnoia para 2025.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde de Arnoia Rodrigo Aparicio mostraba estes días a súa satisfacción pola aprobación duns orzamentos que se elevaron con respecto aos do 2024 en máis do 40%, alcanzando para o próximo exercicio os 2.376.500 €.
O orzamento municipal do Concello de Arnoia para o próximo exercicio, foi aprobado cos votos a favor dos 7 membros do grupo de goberno popular e os dous en contra do grupo socialista. Supón un aumento de máis de 700.000€ con respecto ao exercicio anterior, que se prevé que se destinen principalmente a mellorar as infraestruturas municipais e fortalecer os servizos sociais, deportivos e empresariais do concello. Proxectos destacados previstos para 2025 son a renovación do campo de fútbol, a adquisición de terreos para un futuro parque empresarial tal como está previsto e contemplado no PXOM, a pavimentación e humanización de varios viais municipais, a ampliación do servizo de axuda a domicilio complementada coa mellora do servizo de apoio aos maiores que viven sós, a construción dunha nova pasarela sobre o río Arnoia na zona de As Poldras onde unha riada a principios do ano 2023 levou por diante os dous pasos que había, esperando contar para iso con apoio da Xunta e deputación. Asì mesmo tamén se ampliará a partida de mantemento e conservación de edificios e infraestruturas municipais traballos que veñen realizando habitualmente a Brigada municipal de obras.
O apartado de gastos de persoal tamén se ve incrementado pola contratación prevista dun novo peón de Obras Públicas tal como contempla a RPT aprobada neste último exercicio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No apartado de ingresos destaca o o 1.303.000€ de transferencias de capital da Comunidade Autónoma e da Deputación Provincial de Ourense. Tamén se incrementan os ingresos nas partidas de recollida de lixo e sumidoiros, ao subir os recibos de ambos os servizos, debidos no primeiro caso á subida imposta por lei desde o goberno central e no outro caso por ter unha taxa moi antiga e que non cobre nin unha mínima parte dos gastos no mantemento da rede de sumidoiros.
Neste orzamento non se contempla ningunha débeda e mantense a liña marcada hai anos, de estabilidade orzamentaria e control de gasto.
¨Son uns orzamentos expansivos e de gran calado para o concello de Arnoia, que permitirán seguir a senda marcada hai anos de estabilidade orzamentaria sen deixar de prestar servizos básicos de calidade e tratando de asentar poboación e mantendo un censo estable partindo da premisa de que de non aumentar os habitantes do municipio tentar polo menos manter os que temos destacando que desde o ano 2015 o padrón municipal mantense estable na contorna dos 1000 habitantes.